Allariz entrega cinco mil litros de compost a hortas ecolóxicas locais

La Voz OURENSE / LA VOZ

ALLARIZ

CONCELLO DE ALLARIZ

O Concello entregou o abono obtido de restos orgánicos

07 jun 2019 . Actualizado ás 09:06 h.

O compost que se obtén en Allariz, a través da reciclaxe dos residuos orgánicos que se depositan separadamente nas illas de compostaxe do Concello, xa se vai a utilizar como abono ecolóxico en explotacións locais. Segundo comunicou o concello, a área de Medio Ambiente repartiu os primeiros cinco mil litros de compost ao proxecto agroecológico Fóra de Linde, que os poderá destinar á súa produción de hortalizas.

Desde o Concello de Allariz sublíñase que se abre así unha nova vía de colaboración cos produtores locais de horta ecolóxica, achegando a compostaxe que se consegue a través do programa RE, no que participan grandes consumidores, como os hostaleiros, e os veciños particulares desde as súas casas.

O concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo Varela, agradeceu a colaboración de todos elas na separación dos residuos o que permite agora pechar o círculo «conseguindo nas nosas hortas grazas o esforzo de labregos e labregas como Fóra de Linde ou Mimá unha produción sostible e respectuosa co medio para unha alimentación de calidade».