Festa infantil, desfile, cachuchada e enterro no programa de entroido de Allariz

La Voz OURENSE

ALLARIZ

A festa concentrarase entre o 4 e o 6 de marzo

16 feb 2019 . Actualizado ás 20:24 h.

O Concello de Allariz publicou o programa de entroido, que se concentrará entre o 4 e o 6 de marzo. O luns haberá unha festa infantil no pavillón e, pola noite, unha cachuchada, no campo da Barreira. O martes será o desfile con saída desde a estrada de Xunqueira e despois haberá baile no pavillón do IES. O mércores 6 despedirase a festa co Pranto do Entroido na praza Maior, desde as 20.00 horas.