Patrimonio delimita a Vía dá Prata e deixa o Camiño de Inverno para 2020

María Cobas Vázquez
m. cobas O Barco / LA VOZ

ALLARIZ

Santi M. Amil

Determinar o trazado é o último paso para que a burocracia estea rematada e poden pedirse axudas para obras e melloras

12 ene 2019 . Actualizado ás 10:43 h.

A Vía dá Prata e o Camiño de Inverno xa están oficializados como rutas peregrinas a Compostela, pero aínda non teñen todos os trámites cumpridos. Falta aínda un requisito fundamental, que é a delimitación oficial do trazado, un tema importante sobre o que a Consellería de Cultura está a traballar de cara a telo todo listo no Xacobeo 2021. Faltan xa menos de dous anos para que se abra de novo a Porta Santa da Catedral, e queda moito por facer. Pero estase niso. Polo menos no que se refire á Vía dá Prata. Así llo trasladou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, ao rexedor do Barco, Alfredo García, no encontro mantido en calidade de presidente da Fegamp para empezar a deseñar o Ano Santo.

«Para que esteas falta un requisito fundamental que é que estea delimitado. Hai que delimitalo e é a partir dese momento é cando se poderá empezar a pedir subvencións para traballar», sinalaba García. Toca agardar, segundo os datos achegados desde Cultura. «Este ano o Camiño co que van traballar é a Vía da Prata, e o próximo ano tocaralle ao Camiño de Inverno», avanzou. Non é algo inmediato, pero polo menos, segundo destacaba o alcalde barquense, «xa lle pomos data á finalización de todos os trámites burocráticos», co obxectivo de que todo estea rematado para vivir o primeiro Ano Xacobeo con dúas rutas xa oficiais na provincia.

Doce concellos afectados

Os traballos na Vía dá Prata comezarán na Mezquita, para seguir pola Gudiña, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Ourense e San Cristovo de Cea; seguindo logo cara a Compostela a través da comarca do Deza.

O Camiño de Inverno, pola súa banda, entra a Galicia por Carballeda e Rubiá (hai dúas variantes, polo menos de momento) para seguir despois polo Barco e entrar en Vilamartín antes de enfilar A Rúa cara a Quiroga.

Coa delimitación xa rematada, será entón cando toque deseñar as infraestruturas que faltan, como poden ser albergues ou servizos de información.

Na reunión tamén se anunciou, segundo explicou Alfredo García, de que ao longo deste ano haberá fondos para o mantemento de todos os camiños, e inclúe á Vía dá Prata e o Camiño de Inverno.