Allariz e Ribadavia sensibilizan contra a violencia de xénero

La Voz OURENSE / LA VOZ

ALLARIZ

XOAN A. ADOITAR

O Concello allaricense asinou o protocolo de colaboración para a Campaña en Negro contra as violencias

13 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Allariz asinou onte, en Santiago de Compostela, o protocolo de colaboración para desenvolver a Campaña en negro contra as violencias. Participan 102 concellos e as deputacións da Coruña, Pontevedra e Lugo.

No caso de Ribadavia, para os próximos días están convocadas varias iniciativas. O 15 haberá reunión da mesa de coordinación contra a violencia de xénero e para estes días está prevista a colocación dunha pancarta no Concello, iluminación no castelo e a consistorial e unha charla -o 22-sobre endometriosis.