Tractorada contra as multas pola cota láctea

La Voz

ALLARIZ

Non dispoñible

En 1998 Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias promovían a mobilización

18 ene 2018 . Actualizado ás 20:46 h.

Os responsables do Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias en Ourense, Xosé Manuel Puga e José Luis Fernández Celis respectivamente, compareceron en rolda de prensa para anunciar as medidas de protesta contra as multas impostas por Europa pola cota láctea. Segundo os representantes sindicais 2.000 gandeiros están convocados en Allariz para a tractorada reivindicativa. Quérese mobilizar o día 20 aos produtores en protesta polas sancións, para reclamar máis cota para Galicia, medidas para evitar a destrución do sector na provincia e demanda dun plan de Agricultura para reestruturar as explotacións. Segundo os datos facilitados por Puga e Celis, a provincia de Ourense conta con 1.500 explotacións lácteas e a produción ourensá ascendeu a 55.000 toneladas no ano 1997 -para unha cota de 45.000 toneladas-. As multas ás que se enfrontan os gandeiros da provincia suman os 230 millóns de pesetas (case 1,4 millóns de euros).