Os novos GES con sede na Veiga e Maceda estarán operativos antes do verán

La Voz OURENSE / LA VOZ

A Veiga

Cedida

Os concellos deben impulsar os procesos de selección para contratar aos novos efectivos

22 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou xunto ao de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, nunha reunión sobre a posta en marcha dos dous novos Grupos de Urxencia Supramunicipal (GES) da provincia. Tamén acudiron á cita os alcaldes de Maceda, Rubén Quintas , e A Veiga, Juan Anta, os municipios que acollerán as sedes do novos GES, cuxo servizo se agarda que comece antes do verán. Os concellos deberán adherirse ao convenio de colaboración que se asinará entre a Xunta, a Deputación de Ourense e a Fegamp e impulsar os procesos de selección para contratar aos novos efectivos, que deberán formarse na Academia Galega de Seguridade Pública. O GES con sede en Maceda mellorará os tempos de resposta aos municipios de Xunqueira de Espadañedo, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas e atenderá aos de Esgos, Paderne de Allariz e Vilar de Barrio, que ata agora dependían do GES de Pereiro. O da Veiga, aos concellos do Bolo, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.