A Xunta propón que Maceda e A Veiga sexan sede dos dous novos GES da provincia

La Voz

A Veiga

cedida

Os novos Grupos de Urxencias Supramunicipal  darían servizo a doce concellos ourensáns

06 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Ourense podería contar con dous novos Grupos de Urxencias Supramunicipal en Maceda e A Veiga. Así o propuxeron a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, durante a comisión de seguimento dos GES na que tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais. O obxectivo é o de mellorar e completar o mapa de urxencias que cobre o territorio galego, a través de seis novas agrupacións, dúas delas as ourensás O GES con sede na Veiga abarcaría tamén os concellos do Bolo, Carballeda de Valdeorras, Viana do Bolo e Vilariño de Conso; e o de Maceda, daría servizo a Baños de Molgas, Esgos, Paderne de Allariz, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.A provincia de Ourense ten actualmente nove Grupos de Urxencia Supramunicipal (GES) e un asociado, que é Terras de Celanova. A proposta da Xunta será estudada polos integrantes da comisión de seguimento, que volverá reunirse para proceder á súa votación

En materia de financiamento, a administración autonómica reafirmou o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, postos en marcha en 2013 en consenso entre a Xunta, deputacións e concellos. De feito, a nova proposta con seis novos GES en Galicia, suporía un incremento no investimento parte da Xunta de case 300.000 euros, ao pasar de 4,5 a máis de 4,8 millóns de euros.