A Rúa abre un período de consultas sobre a ordenanza de terrazas

La Voz O Barco

A Rúa

A Rúa tiene abierto un período de consultas sobre la ordenanza de terrazas
A Rúa ten aberto un período de consultas sobre a ordenanza de terrazas Lolita Vázquez

Veciños e asociacións poden presentar as súas propostas para a modificación do documento aprobado no 2018 e que nunca se aplicou

14 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello da Rúa de Valdeorras ten aberto, ata o día 26, un período de consulta pública para que veciños poidan alegar contra o texto da actual ordenanza reguladora de ocupación de dominio público local con terrazas, mesas, cadeiras veladores e outros elementos análogos. O documento está en vigor desde o ano 2018, aínda co bipartito PSOE-BNG no goberno local; pero nunca se aplicou. Tampouco agora, e o novo bipartito, integrado por PP e RÚA, queren modificarla para, entre otros aspectos, «establecer unha regulación adaptada á situación xerada polo covid-19».

A ordenanza foi polémica no momento da súa aprobación porque prohibía o uso de instalacións fixas para pechar terrazas (e na Rúa hai algunhas que levan anos instaladas); á vez que obrigaba a recoller mesas, cadeiras e toldos cada noite. Non gustaba á oposición nin aos hostaleiros, que presentaron alegacións neste sentido, pero non foron recollidas. É previsible que agora teñan outra resposta. En todo caso, tanto hostaleiros como o resto de veciños teñen agora tempo para presentar as súas propostas. O obxectivo da modificación é, segundo recolle o anuncio da consulta, «establecer e regular os requisitos subxectivos e obxectivos das ocupacións» do chan público.