As obras de estabilización de taludes deixan a N-120 cun único carril aberto entre A Rúa e Quiroga

María Cobas Vázquez
María Cobas O Barco

A Rúa

LOLITA VAZQUEZ

Dous semáforos regulan o tráfico no tramo afectado

09 ene 2019 . Actualizado ás 16:33 h.

As obras de estabilización dos taludes da N-120 están retardando o tráfico nos límites entre A Rúa de Valdeorras e Quiroga. Os traballos estanse levando a cabo na ladeira que hai xunto ao carril en dirección a Ourense, nunha zona con tres carrís. A maquinaria necesaria para o desenvolvemento das obras, na que se está usando un guindastre de gran altura, obrigan a ocupar dúas dos carrís, polo que só un está aberto ao tráfico. Dous semáforos regulan o tráfico.