A Rúa compra o proxector para reabrir o cine

La Voz O Barco / LA VOZ

A Rúa

LOLITA VÁZQUEZ

O aparello supera os 38.000 euros de custo

15 novs 2019 . Actualizado ás 18:57 h.

O Concello da Rúa de Valdeorras ten aberto o concurso para comprar un proxector dixital para o centro cultural Avenida, o que permitirá recuperar as proxeccións de cine na localidade. O equipo ten un prezo máximo de 38.841 euros. As empresas interesadas aínda poden presentar as súas ofertas ao concurso.

Doutra banda, o pleno ordinario de onte á noite serviu para dar o visto e prace aos festivos locais do 2019, que serán o 13 de xuño (festa de san Antonio en Fontei) e ou 5 de agosto (Festas de Verán).