Trives celebra a carreira de San Bartoliño este sábado

La Voz OURENSE / LA VOZ

A Pobra de Trives

LOLITA VÁZQUEZ

A proba, non competitiva, ten un percorrido urbano

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Pobra de Trives albergará este próximo sábado a carreira popular San Bartoliño, que acada a súa quinta edición. A proba, que organiza o Concello, terá un percorrido urbano que variará en función das distintas idades e categorías. Poderán participar nenos de entre 2 e 4 anos, de 5 a 7, de 8 a 10, de 11 a 13 e de 14 en diante, que son os tramos establecidos para diferenciar as categorías.

A cita, que non ten carácter competitivo segundo o Concello, comeza ás 19.00 horas. As inscricións pódense realizar ata media hora antes do comezo, na praza de abastos, que é onde comezan as carreiras. Entregaranse medallas a todos os participantes.