José Blanco: «Voume divertir coa charanga»

La Voz OURENSE

A Pobra de Trives

José Blanco, en el centro de la imagen, con la charanga Nova Terras de Trives
José Blanco, no centro da imaxe, coa charanga Nova Terras de Trives Santi M. Amil

14 ene 2019 . Actualizado ás 14:36 h.

Hai xa dous anos, cando se empezou a falar do decreto da xubilación anticipada, José Blanco contaba en La Voz que se non perdía poder adquisitivo, íase para casa. E nesas está agora o policía local de Trives. Aos seus 62 anos, en xuño fará 36 que exerce no corpo, ao que suma un ano anterior de traballo noutra profesión. «Con eses xa me sobran; e cos seis anos que nos deron por complemento a maiores [ao aplicarse o coeficiente reductor por actividade] paso a ter 42 de cotización, aproximadamente», conta. Xa estivo na Seguridade Social en Ourense para informarse, pero aínda non iniciou os trámites. «Non teñen instalado o programa que nos afecta aos policías, así que vou esperar. A persoa que me atendeu díxome que marchaba co 100 % e doume unha cifra aproximada, pero vou esperar a ter os datos finais», dicía.

En canto poida, dirá adeus ao traballo diario e dedicarase «a divertirme coa charanga [Nova Terras de Trives] por aí, e a catro cousiñas que teño pendentes de facer na casa», di.