Xornada de inauguracións de Fernando González Laxe

La Voz

A Mezquita

PILI PROL

En 1989 o presidente da Xunta visitaba Sarreaus, A Mezquita, A Gudiña e Vilariño de Conso

18 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O presidente da Xunta iniciaba unha visita de dúas xornadas á provincia de Ourense e facíao cunha axenda inicial repleta de inauguracións. E de citas reivindicativas. Fernando González Laxe estivo acompañado na súa primeira xornada polo conselleiro de Sanidade, Pablo Padín, e os delegados de Agricultura e Sanidade, Carlos Martínez e Pilar Charro respectivamente. Sarreaus, A Mezquita, A Gudiña e Vilariño de Conso foron os municipios visitados. En Sarreaus, onde se inaugurou o centro de saúde, houbo pleno extraordinario antes da chegada do presidente da Xunta. A corporación, de AP-CdG, acordou reclamar a González Laxe a construción dunha piscina e houbo pancarta escolar para pedir melloras no colexio. Na Mezquita inaugurouse o centro de atención primaria e un polideportivo e na Gudiña un pavillón de deportes. En Vilariño falouse de axudas para a agricultura de montaña. Manzaneda, Castro Caldeas e Ourense serán os destinos desta xornada.