Un encapuchado asalta a punta de pistola un bar da Merca

La Voz OURENSE

A Merca

Santi M. Amil

O asaltante entrou no local ás nove da mañá deste martes

18 feb 2020 . Actualizado ás 11:43 h.

Ás nove da mañá deste martes, un home encapuchado entrou no bar Hugo da Merca aproveitando que no interior estaba soa a propietaria. Sacou unha pistola e collendo á muller polo ombro esixiulle que abrise a caixa rexistradora. Seguidamente encerrouna no baño do establecemento mentres sacaba o diñeiro da caixa, uns 400 euros. Tras oír que o asaltante abandonaba o local, a muller saíu á rúa e deulle tempo a ver como fuxía nun coche conducido por outro home. Ata o lugar achegáronse axentes da Garda Civil para tomar pegadas.