O albergue de peregrinos da Casa da Viúva na Gudiña estará rematado en xullo

La Voz OURENSE

A Gudiña

Los alcaldes de Riós y A Gudiña, en el despacho del presidente de la Xunta
Os alcaldes de Riós e A Gudiña, no despacho do presidente da Xunta Ana Varela

A instalación ofrecerá 44 prazas e xa estará dispoñible para o actual Xacobeo

08 jun 2021 . Actualizado ás 17:52 h.

Os alcaldes da Gudiña, José María Lago, e Riós, Francisco Veiga, acudiron a unha reunión ao despacho do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, para abordar cuestións relativas ao primeiro municipio e a un posible proxecto conxunto entre ambos.

Na Gudiña está a rematarse a reforma da Casa da Viúva, que se converterá nunha albergue de peregrinos con 44 prazos. Prevese que a instalación estea rematada en xullo, co que estará dispoñible para o Xacobeo 2021-22.

Os mandatarios falaron de infraestruturas de saneamento, das melloras necesarias na estrada autonómica OU-533 e da posibilidade de que A Gudiña se converta nunha «aldea xeradora», unha localidade capaz de producir suficiente enerxía como para autoabastecerse.