Os balnearios de Arnoia, Laias e O Carballiño participan no programa «Outono termal»

La Voz OURENSE / LA VOZ

A Arnoia

Cedida

A prórroga do programa estenderase ata o 28 de novembro

24 oct 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A directora de Turismo de Galicia, NavaCastro , visito el balneario da Arnoia para pór en valor a continuidade do programa de desestacionalización que a Xunta e a asociación Balnearios de Galicia puxo en marcha este verán. A prórroga do programa Outono Termal estenderase ata o 28 de novembro para apoiar ao sector, especialmente afectado pola paralización da convocatoria do Imserso. Este programa oferta máis de 700 prazas nun total de doce balnearios con tarifas e propostas especiais dirixidas a pensionistas galegos e residentes en Galicia. Participan na iniciativa os de Arnoia, Laias e o Gran Balneario do Carballiño, este con aloxamento no Hotel Derby ou en Lorenzo. A achega da Xunta para poder dar continuidade a este programa é de 75.000 euros.