Óscar Pereiro avala á Arnoia Termal Bike

a voz OURENSE

A Arnoia

MIGUEL VILLAR

O ciclista de Mos defendeu a espectacularidade das estradas ourensás para a ruta cicloturista

17 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O exciclista profesional Óscar Pereiro apoiou aos organizadores da Arnoia Termal Bike, na súa presentación nas Adegas Alanís, en Santa Cruz de Arrabaldo. O que fose gañador do Tour, compartiu mesa entre outros con Francisco Javier Soto (Grupo Caldaria), Rosendo Fernández (Deputación de Ourense), Rodrigo Aparicio (Alcalde de Arnoia) e Serafín Martínez, director deportivo da proba, que se celebrará os próximos días 19 e 20.

E é que os 110 quilómetros con saída e chegada en Arnoia, pasando por Cortegada, Pontedeva, Gomesende, Quintela de Leirado, Verea, Bande, Celanova, Ramirás ou Cartelle terán asociadas numerosas actividades que resaltarán o atractivo turístico da provincia, ademais dos seus viños e a súa riqueza etnográfica. O mesmo Pereiro apuntou: «Estas paisaxes non teñen nada que envexar aos do Tour de Francia. E por iso debemos sentirnos orgullosos», engadindo que era importante acordarse dos familiares dos participantes, que contarán con reclamos gastronómicos e musicais esta vez».