O Espírito Ribeiro regresará a Castrelo de Miño, A Arnoia e Cenlle en agosto

La Voz OURENSE

OURENSE

Durante el festival habrá posibilidad de hacer viajes en catamarán
Durante o festival haberá posibilidade de facer viaxes en catamarán Santi M. Amil

O festival que aúna música e viño da D.Ou. Ribeiro será do 19 ao 21

04 jul 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Non haberá Ribeiro Blues tampouco este ano. O Concello de Castrelo de Miño aposta por manter o festival Espírito Ribeiro, creado o ano pasado cunha filosofía similar á do seu predecesor, axuntar música e promoción dos viños da D.Ou. Ribeiro; pero cambiando a localización. En lugar de ser dous días de celebración nun mesmo escenario, o parque náutico de Castrelo de Miño, por onde pasaron nomes tan importantes do blues como Raimundo Amador e Corey Harris Band; óptase por un formato de tres días en tres localizacións distintas. Así, ademais de en Castrelo o festival celebrarase tamén na Arnoia e Cenlle. Será do 19 ao 21 de agosto, cada día nun sitio.

Así o anunciou a Deputación de Ourense, que colaborará co evento, do mesmo xeito que a Xunta e a D.Ou. Ribeiro. O presidente do organismo provincial, José Manuel Baltar, reuniuse co alcalde de Castrelo, Avelino Pazos, para falar do festival. Pazos lembrou que o obxectivo de Espírito Ribeiro é «promocionar o viño da D.O. Ribeiro, os produtos de proximidade e a promoción da nosa comarca, todo elo aderezado con boa música e actividades culturais».