1976: Peche de funcionarios de prisións e paro de mestres

La Voz

OURENSE

Santi M. Amil

Un milleiro de docentes secundaba a convocatoria dos profesores de EGB de Galicia

27 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

As reivindicacións laborais marcaban a actualidade da xornada hai 45 anos. Dous colectivos, os funcionarios de prisións e os mestres, visibilizaban as súas demandas, malestar e reivindicacións con peches e paros. Por segundo día consecutivo permanecían encerrados no seu centro de traballo os funcionarios do corpo de auxiliares da prisión provincial. O total do persoal participaba no peche, coa excepción do persoal que estaba de vacacións. Reclamacións económicas —o soldo basee estaba por baixo do soldo mínimo—, o exceso horario —a lei de 1964 fixaba 42 horas de servizo e estaban a realizar 56 á semana— e a demanda de máis formación centraban as reivindicacións. Polo que respecta aos docentes, cuantificábase en mil os mestres que participaran no paro convocado en toda Galicia. A folga de profesores de EGB seguíase de forma masiva e denunciábase a manipulación de datos por parte de Educación.