O PSOE de Ourense denuncia prazos «imposibles» para os trámites de retornados

La Voz OURENSE

OURENSE

Luis Gulín.
Luis Gulín. CEDIDA

Luis Gulín acusa a Xunta de ofrecer «incorrecta e confusa» ao colectivo

19 sep 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O secretario de Emigración do PSOE de Ourense, Luis Gulín, trasladou este venres en rolda de prensa o malestar que, segundo di, existe entre centos de pensionistas retornados polos prazos «imposibles» que impón a Axencia Tributaria de Galicia para «trámites innecesarios». Gulín acusou a Secretaría Xeral de Emigración de ofrecer información «incorrecta e confusa» ao colectivo.