Graduados de Historia volveron á súa facultade en Ourense

La Voz

OURENSE

Agostiño Iglesias

A promoción do 2020, que non puido celebrar a súa despedida pola pandemia, organizou un acto no que Jesús de Juana e José Manuel Sánchez foron os padriños

04 sep 2021 . Actualizado ás 14:37 h.

Unha decena de titulados en Xeografía e Historia da facultade de Ourense , da promoción 2016-2020, celebraron o acto de gradación que non se puido organizar o ano pasado, cando remataron os estudos, por mor da pandemia. Os profesores Jesús de Juana e José Manuel Sánchez foron os padriños. Onte venres tamén, a Facultade de Historia do campus deu a benvida aos estudantes do curso 2021/22.