Catadores a Asociación de Catadoras Gallaecia probaron os viños do Ribeiro

La Voz

OURENSE

cedida

«Destaco o equilibrio e a elegancia dos da colleita 2020», sinalou Aurelio Vázquez

04 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A sala de catas do consello regulador da D.Ou. Ribeiro foi o escenario da cata para a concesión dos galardóns Distincións Gallaecia 2021 aos mellores viños e para a elaboración da edición 2022 da Guía Luis Paadín de Viños, Destilados e Adegas de Galicia. Nela participaron 130 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, entre brancos e tintos que foron catados por membros da Asociación de Catadoras Gallaecia e invitados. Desta proba sairán seleccionados os mellores viños da D.Ou. Ribeiro segundo o criterio dos expertos.

Aurelio Vázquez, presidente da Asociación de Catadoras Gallaecia, define a cata realizada en Ribadavia como unha das máis interesantes. «Dela destaco o equilibrio e a elegancia dos viños da colleita 2020 á que se lle augura un gran futuro. Tamén quero resaltar a complexidade nos viños de anadas anteriores. Nos tintos obsérvase unha gran evolución destacando a súa boa entrada en boca e o bo trato que se está facendo coas crianzas en barrica. En resumo, os do Ribeiro son viños elegantes e de gran persistencia», dixo