Recoñecen a labor do Xabarín Club na difusión da cultura galega

Lúa Rodríguez / R. N. OURENSE

OURENSE

O Xabarín Club leva décadas normalizando o galego entre os cativos.
O Xabarín Clubs leva décadas normalizando ou galego entre vos cativos. ALBERTO LÓPEZ

O xurado dos premios Rebulir deu a coñecer aos galardonados deste ano

29 jul 2021 . Actualizado ás 14:21 h.

O xurado dos premios Rebulir da Cultura Galega 2021 deu a coñecer aos galardonados deste ano. A comisión foi presidida por Sandra González Sousa e resaltou ao programa da TVG Xabarín Club na categoría de artes escénicas pola súa contribución dende o audiovisual e a animación para a difusión lingüística e cultural do galego. Xabier Díaz destacou na categoría de música galega pola súa traxectoria e Anxo Angueira na de homenaxe pola súa contribución á literatura galega e a súa vinculación con Ramirás e a comarca de Terras de Celanova.

O acto de entrega dos premios será o sábado 18 de decembro, ás 19.00 horas, durante a gala do Festival Internacional Rebulir, no polideportivo de O Picouto, en Ramirás.