Un brote vinculado co lecer nocturno pecha varios bares no Barco

La Voz OURENSE

OURENSE

Imagen del centro de O Barco
Imaxe do centro do Barco LOLITA VAZQUEZ

«A fin de semana foi caótico», di o alcalde da capital valdeorresa, Alfredo García.

09 jul 2021 . Actualizado ás 08:42 h.

A reapertura do lecer nocturno foi collida con ganas por un grupo de mozos no Barco, que agora están illados tras dar positivo en covid ou en corentena á espera dos resultados das probas por ser contactos estreitos dos primeiros casos. En apenas catro días a localidade pasou de ter 3 casos activos a 14; e o brote afecta tamén a Rubiá (con tres positivos) e o da Rúa (cun)/cun). Hai 14 persoas diagnosticadas e moitas máis citadas para facerse a PCR hoxe. Ademais, hai polo menos cinco bares pechados por ter positivos entre o persoal ou ser contacto estreito dun positivo. «A fin de semana foi caótico; parece que despois de 16 meses a consigna foi non respectar nada. Agardo que sirva de lección e quede aquí», di o alcalde, Alfredo García.