Soben a 155 os casos activos de coronavirus en Ourense

María Cobas Vázquez
María Cobas OURENSE

OURENSE

CHUO
CHUO AGOSTIÑO IGREXAS

A cidade suma un novo positivo e sitúase en 101

18 jun 2021 . Actualizado ás 19:38 h.

A curva de casos activos na área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras sinala de novo subida. Este venres 18 de xuño son 155 os ourensáns que están pasando o covid-19, o que supón en termos absolutos un máis que onte, tras 7 altas e 8 novos casos. Crece a curva pero baixa a presión asistencial, con dúas persoas ingresadas en planta: unha no CHUO (onde o xoves se rexistraban dous) e unha no hospital comarcal de Verín. Ademais, hai un paciente covid na unidade de críticos.

Na repartición por concellos, Ourense cidade segue sumando casos e xa son 101 os veciños contaxiados. No Barco de Valdeorras mantéñense con 8, mentres que na Merca soben a 7. Son 6 os casos en Barbadás , 5 en Verín e 4 en Xinzo de Limia e O Carballiño. No resto de concellos teñen tres ou menos casos activos.