Concellos da comarca de Ourense presentan proxectos de lecer a fondos europeos

La Voz OUENSE / LA VOZ

OURENSE

cedida

Tras analizar mediante un baremo cada iniciativa, estas serán enviadas a Agader

15 jun 2021 . Actualizado ás 14:24 h.

Concellos e particulares do Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Coles, Vilamarín, Amoeiro, San Cibrao, Toén, Taboadela, Ramirás, Gomesende, Cartelle, A Merca, Xunqueira de Espadanedo, Nogueira de Ramuín, Esgos, Barbadás e a capital, pertencentes á Asociación de desenvolvemento rural da comarca de Ourense (Ardecou), presentaron 27 iniciativas empresariais que optan a financiamento de fondos europeos do Plan Leader. A maior parte dos proxectos están enfocados a temas de lecer e deporte, como a construción de aloxamentos para turistas, un centro ecuestre ou a posta en marcha dun rocódromo, entre outros. Tras analizar mediante un baremo cada iniciativa, estas serán enviadas a Agader , encargada da súa validación final.