O Concello tivo que realizar un importante desembolso para cubrir as necesidades xeradas pola pandemia
03 jun 2021 . Actualizado ás 05:00 h.O alcalde popular de Riós (1.461 habitantes), Francisco Armando Veiga Romero , explica que durante estes dous anos o Concello tivo que realizar un importante desembolso para cubrir as necesidades xeradas pola pandemia. Aínda así, puidéronse iniciar as obras do futuro centro de día que podería abrir as súas portas no outono. Tamén levaron a cabo obras en diferentes camiños, da man do plan Hurbe, e traballan para poder aprobar o PXOM entre finais deste ano e principios do 2022.