Escolares como axentes do CSI na feira Galiciencia

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

CEDIDA

Hoxe clausúrase a feira que se desenvolve en formato en liña

28 may 2021 . Actualizado ás 19:53 h.

Galiciencia, a maior feira científica de Galicia, viviu este xoves a súa segunda xornada no Parque Tecnolóxico de Galicia. Os participantes nesta edición en liña convertéronse por un momento en axentes do CSI para lograr resolver unha misteriosa desaparición. Os escolares de Primaria que participaron levaron a cabo un conxunto de actividades que lles permitiron ir coñecendo a importancia da ciencia na investigación forense. Recolleron e clasificaron probas, extraeron impresións dixitais ou realizaron unha análise da súa xeometría. Tras casa proba ían descartando sospeitosos e lograron ir pechando o círculo ata atopar a «mente criminal» que fixese desaparecer unha torta.

Pola súa banda, os alumnos de Secundaria participaron nun taller sobre microbioloxía. Entre outras actividades, simularon o funcionamento dunha proba PCR para entender como se pode usar para o diagnóstico de enfermidades.

A feira clausúrase hoxe, venres, con dous novos talleres sobre como voar un helicóptero en Marte e sobre a espionaxe á coroa.