O Carballiño organiza unha exposición sobre o vínculo de Pardo Bazán coa vila

La Voz OURENSE

OURENSE

cedida

A mostra percorrerá os espazos nos que a escritora pasou parte da súa vida e ambientou algunha das súas obras

05 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello do Carballiño programou para este mes, en colaboración con Potiños, unha mostra sobre os espazos da vila en transcorreunos parte da vida e a obra de Emilia Pardo Bazán, escritora á que o Concello dedicará varias actividades este ano.

A exposición fotográfica inaugurarase o 11 de maio. Un día despois, centenario da súa morte, haberá unha ofrenda floral na praza Pardo Bazán. O día 22 haberá unha ruta na zona rural guiada polo Instituto de Estudos Chamoso Lamas.