O CD Barco complícase a vida en Cantarrana (2-0)

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

OURENSE

PEPA LOSADA

A derrota iguálaos a puntos cos postos de descenso

02 may 2021 . Actualizado ás 22:14 h.

Aproxímase ao abismo o CD Barco tras a súa derrota na Mariña ante un Viveiro superior. A igualdade rompeu nos últimos tres minutos, cando o Viveiro abriu o marcador. O 2-0 chegou cos barquense buscando o empate á desesperada.

Con esta derrota o equipo de Iván González colócase empatado a puntos cos postos de descenso, que marca o Ribadumia con 35, aínda que tampouco se despegou da cabeza da clasificación, manténdose a tres puntos.

FICHA TÉCNICA: 

VIVEIRO: Manu Cedrón; Agus, Dani Montes (Arturo, min. 82), Nico Madero, Edgar, Pablo Rey ; Xaime, Trasi (Álex Meitín, min. 52); Rolle (Asier, min. 52), Vicente e Javi Rey ..

CD BARCO: Oviedo; Seguro, Marc Vicente, Omar, De Pedro; O Harrak, Pablo Rubio ; Rodrigo (Ibán, min. 80), David Álvarez (Villar, min. 84), Óscar Martín; e Juanito Bazo.

GOLES: 1-0, min. 88: Arturo, de penalti. 2-0, min. 93: Asier.

ÁRBITRO: García Lesta (Pontevedra).