Marilar Aleixandre presenta «As malas mulleres» na Deputación de Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

Alberte Paz Garza

A gañadora do premio Blanco Amor reuniuse co presidente do goberno provincial

28 abr 2021 . Actualizado ás 19:06 h.

A Deputación de Ourense acolleu este mércores a presentación da obra As malas mulleres de Marilar Aleixandre, gañadora do premio Blanco Amor de novela longa deste ano. A autora sinalou que o libro ten unha parte de rescate da memoria colectiva: «Fala de historias de cárceres que se guindan ao pozo da desmemoria». No acto, o presidente do goberno provincial, José Manuel Baltar, afirmou da autora: «Responde a todas as esixencias de calidade que podemos esperar cando falamos dela». Tamén estivo presente o presidente de editorial Galaxia, Antón Vidal.  

Baltar quixo destacar a importancia do sector cultural. «Sen cultura non hai pobo, nin persoas, e que de pouco importan as administracións, polo que seguiremos apostando por estes recoñecementos que teñen un dos seus sinais de identidade neste premio de novela longa», afirmou.