Muíños, Petín, Lobios e Cartelle terán máis restricións polo covid a partir do venres

La Voz OURENSE

OURENSE

Carballeda de Valdeorras está en cierre perimetral desde el lunes 12 de abril
Carballeda de Valdeorras está en peche perimetral desde o luns 12 de abril LOLITA VAZQUEZ

Cualedro e Carballeda de Valdeorras manteñen o nivel máximo de medidas

20 abr 2021 . Actualizado ás 21:54 h.

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada polo covid-19 determinou que catro municipios ourensáns teñan máis restricións polo incremento de contagios a partir das 00.00 horas do venres, 23 de abril. No que non hai cambios é nos dous concellos que tiñan o nivel máximo de medidas, que implica o seu peche perimetral e o cerrojazo á hostalería. Aí seguen Carballeda de Valdeorras e Cualedro, con 21 e 15 casos activos respectivamente.

No nivel alto de restricións, que permite a mobilidade pero que limita a hostalería ás terrazas, mantéñense O Barco, Rubiá, Padrenda, Lobeira e Cortegada, pero incorpóranse outras dúas poboacións: Muíños e Petín de Valdeorras. Do nivel medio cae O Irixo, que evolucionou de xeito positivo nos últimos días, e entran Lobios (3 contagios activos) e Cartelle (6). En total, son once os municipios ourensáns que teñen un nivel de restricións máis elevados que o resto de concellos que se manteñen no nivel medio baixo.