Sesión de «Cuñados» e de «Ummm!» na Rúa

La Voz OURENSE

OURENSE

Imagen de la presentación de  Cuñados  en Ourense
Imaxe da presentación de Cuñados en Ourense Santi M. Amil

O centro cultural Avenida ten cita dobre coa cultura esta fin de semana

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe e mañá • A Rúa • Esta fin de semana ten pensado cheo de actividades culturais na Rúa. O centro cultural Avenida do municipio valdeorrés acollerá tanto o sábado como o domingo a estrea da película «Cuñados», rodada integramente en Ourense. As sesións para hoxe serán ás 17.00 e ás 19.30 horas. E mañá proxectarase ás sete e media da tarde. Trátase dunha comedia de enredos perfecta para gozar dunha hora e media de desconexión e humor.

O domingo será a quenda para o teatro da man da obra «Ummm! Unha comedia musical... para chupar vos dedos». O espectáculo, protagonizado por Rocío Salgado e Martín Maez, está indicado para pequenos desde 3 a 7 anos e comezará ás 17.00 horas.