O Liceo acolle unha exposición de fotos de árbores

La Voz

OURENSE

Santi M. Amil

O Ateneo e a Sociedade Galega de Historia Natural colaboran nunha mostra fotográfica

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Ata o 30 de abril • Liceo • Gratuíta • O Liceo acaba de inaugurar unha exposición de fotografía que vira ao redor da figura e á importancia das árbores na cidade. Máis de quince fotógrafos participan nesta mostra na que aparecen retratados distintos recunchos de Ourense. É unha nova iniciativa de #SonÁrbore, unha campaña resultado da colaboración do Ateneo coa Sociedade Galega de Historia Natural e con Sustinea.