Homenaxe en Xinzo:«Sempre foi un pracer colaborar cos alcaldes deste concello»

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

MIGUEL VILLAR

O capitán da Garda Civil José Luis Casas recibiu a Medalla do Concello

17 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

«Dende a súa chegada a este pobo mostrou a súa entrega incondicional a unha profesión para a que fai falla moita vocación. Puxo o todo o seu empeño en colaborar cos diferentes alcaldes e con esta alcaldesa en canto á seguridade cidadá. A súa total disposición 24 horas e sete días a semana está fóra de toda dúbida. A corporación quere expresar o agradecemento de todo un pobo á súa traxectoria con este acto sinxelo pero emotivo». Deste xeito resumiu a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, as razóns polas que se entregou este venres a Medalla do Concello ao capitán da Garda Civil José Luis Casas Rivero.

Natural de Vilardevós (1970), superou a oposición no corpo da Benemérita e tras o seu paso pola Academia de Baeza (Xaén) e un ano de garda en prácticas no posto de Riós , foi nomeado garda civil profesional. En 2010 ascendeu a tenente e obtivo destino na compaña de Celanova como adxunto da mesma e con sede en Xinzo. O ascenso a capitán chegou o 6 de setembro, polo que abandona a vila.

José Luis Casas agradeceu este recoñecemento dos veciños de Xinzo. «Para min é un honor que recoñezan o meu traballo. Só fixen cumprir coa miña obriga. Sempre foi un pracer colaborar cos alcaldes deste concello, puxéronmo moi fácil. Nunca tiven a porta pechada no Concello e sempre a tiven aberta para o que fixera falta», afirmou.