Pecha unha aula da Escola Infantil de Xinzo de Limia debido ao covid

La Voz O Barco

OURENSE

Santi M. Amil

Este sábado son 28 os casos de coronavirus asociados a centros educativos da provincia

18 abr 2021 . Actualizado ás 00:23 h.

A curva de contagios por covid segue subindo no conxunto da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, aínda que a situación nos centros educativos non mostra un empeoramento. Este sábado 17 de abril son 28 os casos activos de coronavirus que se vinculan co ámbito escolar, un menos que o venres. Iso si, súmase á lista de centros afectados unha escola infantil, en concreto a de Xinzo de Limia, na que tivo que pechar unha aula debido a un caso positivo.

A maiores, a novidade este sábado é que hai dous colexios nos que os contaxiados xa se recuperaron, desaparecendo da listaxe. Son dous centros da capital, en concreto o CEE Miño e o CEIP Amadeo Rodríguez Barroso.

Así as cousas, agora mesmo son 16 os centros que teñen casos activos, repartidos entre A Rúa de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Celanova, O Barco de Valdeorras, Ourense, Verín e Xinzo.

A localidade máis afectada é a do Barco, que contabiliza seis casos no CEIP Condesa de Fenosa e dúas máis repartidos entre o IES Lauro Olmo e o CEIP Julio Gurriarán.

Mentres, a situación na Rúa mantense estable, con dous positivos asociados ao CEIP Manuel Respino, así como en Carballeda de Valdeorras, con outros dous contagios en seguimento no CPI Tomás Terrón Mendaña


No caso da capital ourensá, son sete os casos activos repartidos entre outros tantos colexios. Trátase do CIFP Portovello, o CPR María Auxiliadora, o CPR San Pío, o CPR Santa Teresa de Jesús, a  EASD Antonio Faílde, o IES 12 de Outubro e o IES Otero Pedrayo

A listaxe compétase cos tres casos activos no CEIP Curros Enríquez de Celanova e tres máis que detectáronse hai xa algúns días no CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia. En Verín seguen sendo dous os casos baixo seguimento adscritos ao CPR Apostólico Mercedario