O Carnes do Ribeiro planta cara ao Lanzarote ata o último minuto: 25-26

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Os ribadavienses tiveron un penalti a favor a falta de 30 segundos co partido empatado per non anotaron

28 mares 2021 . Actualizado ás 20:31 h.

O Carnes do Ribeiro Balonmán deu a talla (25-26) ante un dos equipos máis potentes da categoría: o Lanzarote, un conxunto construído para o ascenso. O conxunto de Ribadavia chegou empatado ao final, a falta de trinta segundos. Pero fallou un penalti a favor. Na acción de ataque previa erraran un lanzamento claro desde seis metros. Foi o que decantou o partido ao lado canario, no que o seu porteiro, Santana, mostrou o seu nivel e desbaratou moitos lanzamentos dos locais.

Con todo, o encontro fora moi igualado, co Ribeiro moi metido e competindo a gran nivel. Na segunda parte, o bo traballo defensivo dos ribadavienses permitiu manter esa igualdade.

Aínda que non era un partido cun rival dos da súa liga, o encontro foi emocionante pois ningún equipo acadou grandes vantaxes e os afeccionados que puideron asistir gozárono.