O PSOE de Punxín pide que se cre un escudo propio do Concello

La Voz

OURENSE

Santi M. Amil

Lembran que hai 150 anos desde que foi ascendido á categoría de municipio independente

12 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O PSdeG-PSOE de Punxín inscribiu unha moción para ser debatida no próximo pleno na que instan o Concello a solicitar o desenvolvemento do seu propio escudo heráldico. O obxectivo é «aportar maior identidade ao municipio. Chegou o momento de que Punxín conte cun escudo propio que sirva para identificarnos como entidade local»

 A agrupación Socialista lembra que en 2020 cúmprese 150 anos desde que Punxín foi ascendido á categoría de municipio independente, polo que consideran importante dotar de escudo ao municipio e a súa comarca. Os socialistas tamén afirman  Punxín é o único municipio da comarca que non conta con escudo heráldico propio.