O Sergas informa doutras tres mortes con coronavirus en Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE

CHUO
CHUO AGOSTIÑO IGREXAS

Faleceron dous homes, un de 94 e outro de 79 anos, e unha muller de 81

28 feb 2021 . Actualizado ás 20:40 h.

Os datos facilitados a última hora da tarde do domingo polo Sergas para actualizar o número de falecidos que foran diagnosticados de coronavirus informan de once novas mortes en Galicia, tres delas na provincia de Ourense. Unha delas, dun home de 94 anos, corresponde ao día 26 e ocorreu no CHUO. O día 27 faleceu tamén alí un home de 79 anos e no hospital Santa Teresa de Cosaga unha muller de 81. Todos tiñan patoloxías previas, segundo as autoridades sanitarias. Desde que comezou a pandemia morreron coa enfermidade 407 persoas.

Estes datos poñen a nota negativa a unha xornada na que se confirmou a tendencia á baixa na expansión do coronavirus na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. O número de casos activos sitúase en 322, o que supón que a provincia xa deixou atrás a cifra que marcou o chan da segunda onda (o día 10 de decembro do ano pasado).