A Xunta asesorará a San Cibrao para a protección da Bouteira

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

xunta

A zona estará rexida pola figura ambiental de ENIL ou espazo natural de interese local

27 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Medio Ambiente asesorará ao Concello de San Cibrao das Viñas na tramitación da zona da Bouteira como espazo natural de interese local (ENIL). A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse, por videoconferencia, co alcalde Manuel Pedro Fernández Moreiras e explicoulle que esa figura do ENIL está recollida na nova Lei de Patrimonio Natural. É unha figura concibida para facilitar a xestión destes espazos naturais con valor engadido, garantindo a súa conservación, uso sostible e restauración, segundo a Xunta.

Esta figura de protección ambiental ten a finalidade de fomentar a información ao público e de que o punto sexa recoñecible para turismo sostible.