O contrato de mantemento de zonas verdes, pendente dunha discrepancia sobre custos

La Voz OURENSE

OURENSE

El alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome MIGUEL VILLAR

O PP lamenta a paralización dos expedientes de caducidade de licenzas

27 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, aproveitou este martes a celebración da xunta de área de Medio Ambiente e Urbanismo para informar á oposición que o proceso de adxudicación do contrato de mantemento de zonas verdes entrou na súa fase final. Segundo precisou, 17 empresas presentaron oferta.

Explicou, no entanto, que a empresa actualmente adxudicataria presentou un cálculo do persoal a subrogar que eleva o seu custo en 19.000 euros con respecto á valoración efectuada cando arrincou a licitación. Esta circunstancia obrigou ao goberno municipal a solicitar asesoramento xurídico para estudar que pasos debe seguir a partir de agora.

Paralización en Urbanismo

Nesa mesma xunta de área constatouse, segundo o PP, a paralización da actividade en materia urbanística. Os doce expedientes de caducidade de licenzas iniciados cando aínda era responsable a concelleira popular Sonia Ogando non avanzaron tras a ruptura da coalición. Eses trámites son fundamentais porque «contribuirían a sanear a saturación acústica do casco histórico e a cumprir la legalidade vixente», di.