A Deputación achega 250.000 euros para os gastos do COB

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Santi M. Amil

A institución provincial subvencionará gastos de funcionamento e mantemento do club ourensán de baloncesto

26 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Club Ourense Baloncesto xa conta coa confirmación da axuda económica prevista pola Deputación Provincial de Ourense, para o presente exercicio deportivo 2020/21, que ascenderá a 250.000 euros.

Así o acordou onte a xunta de goberno da institución provincial, reunida por vía telemática, para aprobar entre outras cousas, a achega ao club cobista. E é que no que se refire estritamente a ese ámbito deportivo, o citado órgano reitor do goberno provincial estableceu a citada cantidade como subvención destinada a gastos de funcionamento e mantemento da presente campaña, incluída a participación do primeiro equipo na Liga LEB Ouro, o segundo escalafón nacional.

O equipo ourensán renovará precisamente o torneo o vindeiro domingo co partido ante o Tizona Burgos, encontro que coas novas restricións sanitarias da Xunta de Galicia, terá que xogarse sen público.