Así chega Ourense ás restricións extremas nos 92 concellos

María Cobas Vázquez
María Cobas O Barco

OURENSE

Expourense acogerá, de nuevo, un cribado masivo
Expourense acollerá, de novo, un cribado masivo Santi M. Amil

A provincia rompe de novo o seu teito con 2.761 casos activos de coronavirus

25 ene 2021 . Actualizado ás 21:19 h.

A partir do mércores, todos os ourensáns estarán en peche perimetral, é dicir, non poderán ir a outro concello diferente ao que residan salvo para ir traballar, a estudar ou a unha cita médica. Ademais, péchase toda a hostalería e o comercio non esencial deberá pechar ás seis da tarde. 

As novas restricións chegan ante unha curva en subida que segue marcando picos históricos día tras día. Hoxe son 2.761 os ourensáns que están pasando o coronavirus, unha cifra nunca antes rexistrada desde o inicio da pandemia. De feito, desde que o pasado día 17 superouse o pico da segunda onda, o número de casos activos rompe o seu teito xornada tras xornada. 

Nas últimas 24 horas, 150 persoas recibiron a confirmación de que son positivos en coronavirus despois de que lle fixesen unha PCR ou un test de antígenos. Unha parte deses 150 positivos detectáronse no cribado que durante a fin# de semana se fixo na cidade de Ourense. Foron citadas ao redor de 8.000 persoas, das cales asistiron o 64 %. A falta aínda de analizar as PCR feitas o domingo, detectáronse 35 positivos, dos que agora comeza o rastreo dos contactos estreitos. É por iso que se agarda que a cifra de casos na cidade siga crecendo. Unha cifra que leva sete días rompendo o seu teito de xeito continuado, ata chegar aos 917 casos activos hoxe. Na améndoa perimetral de Ourense tamén seguen crecendo os positivos. En Barbadás xa son 94 os veciños infectados. Supón tamén superar o teito de casos activos ao mesmo tempo na localidade. O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, recoñece que «estamos nunha situación moi grave», e pide aos veciños que respecten as restricións vixentes, unha vez comprobado que os brotes detectados débense á «interacción familair e social, é dicir, no noso círculo máis próximo».

 Non moi lonxe, en Coles contabilízanse 43 veciños infectados. Para tratar de ter unha radiografía da situación epidemiolóxica da localidade, o Sergas está a convocar a 600 veciños para un cribado aleatorio o xoves.

En Xinzo as cifras reflicten unha tregua despois da subida de onte, ao facer pico de casos activos con 247. Hoxe son 235, o terceiro rexistro máis alto na pandemia. No resto da comarca, Trasmiras mantense con 44 casos, mentres que en Porqueira soben un para chegar a 25 e en Vilar de Santos baixan catro para quedar en 30. 

En Verín tamén fixeron pico o domingo, para chegar aos 180 veciños infectados ao mesmo tempo. Hoxe son 173. No resto da comarca, a tendencia é desigual, con Oímbra nun claro ascenso que non parece tocar teito. Hoxe son 53 os positivos rexistrados, tras varios brotes de carácter social que seguen medrando. Ante esta situación, o Sergas convocou para mañá un cribado con test de antígenos ao que se citou a 400 persoas. 

Despois de tres días nos que parecía ter feito meseta, a curva volveu a moverse no Carballiño para subir timidamente. Tras chegar onte a 72 casos, hoxe marca 73.

En Celanova a cifra mantense en 64 casos. O mércores haberá un cribado masivo na localidade tratando de detectar positivos asintomáticos. O Sergas está a citar a 750 veciños para facerlles un test de antígenos. levará a cabo o mércores pola tarde no pavillón municipal da Pedra dá Moa. O Concello, a través de unb bando do alcalde, Antonio Puga, fixo unha chamada aos veciños para que atendan esta cita para realizar unha proba que nos reportará información de primeira man respecto ao número de contaxios non noso concello». 

En Ribadavia son 53 os casos activos, tras notificarse varios positivos. Onte a cifra estaba en 50.

Preto de 170 pacientes con covid hospitalizados

Crece a curva de casos activos e tamén a que se refire ás hospitalizacións. Hai 156 persoas en planta: 134 no CHUO, 16 no comarcal de Verín, 4 no de Valdeorras, 1 en Cosaga e 1 no Carmen. Outros 12 pacientes están na uci do CHUO.