Conduce ebrio un coche sen ITV nin seguro nin matrícula e choca contra unha árbore

La Voz OURENSE

OURENSE

Cedida

O home, de 36 anos e veciño de Maside, foi trasladado ao CHUO con feridas leves

22 ene 2021 . Actualizado ás 10:33 h.

Sucedeu ao redor das 20.30 horas da tarde deste xoves na estrada que une a localidades de Santián e Montegrande no concello ourensán do Carballiño. A Garda Civil foi alertada dun accidente nesta vía cun condutor implicado. O coche que conducía saíuse de a  estrada chocando contra unha árbore. Tras comprobar que o home, un veciño do concello limítrofe de Maside de 36 anos, estaba consciente e sufría feridas leves, os axentes revisaron a documentación do vehículo. Este non tiña colocadas as placas da matrícula e carecía de ITV e de seguro. Ademais, o condutor deu positivo nas probas de alcoholemia e foi traslado a CHUO ferido leve con diversas contusións e unha fractura no tabique nasal. Está pendente a imputación de varios delitos contra a seguridade viaria.