O BNG pide un plan de usos do parque do Xurés nos orzamentos da Xunta

La Voz OURENSE

OURENSE

Iago Tabarés (BNG)
Iago Tabarés (BNG)

Os nacionalistas tamén reclaman unha mellora da comunicación con Portugal e un polígono empresarial

06 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O grupo parlamentario do BNG anunciou este martes as emendas que presentarán aos orzamentos da Xunta para o ano 2021 en relación á comarca de Celanova e a Baixa Limia. Unha das súas principais reivindicacións é que as contas inclúan dotación económica para un plan de usos do parque natural do Xurés. Ademais insisten na necesidade de continuar a AG-31 desde Celanova para mellorar a comunicación Portugal e tamén piden unha partida para crear un polígono empresarial entre Bande e Lobeira.

Iago Tabarés, deputado ourensán do BNG, sinalou que coas emendas do seu grupo a comarca acadaría os 6,5 millóns de euros de investimento autonómico este ano 2021.