Ileso un camioneiro tras unha aparatosa saída de vía na A-52

La Voz OURENSE

OURENSE

Accidente de un camión en la A-52
Accidente dun camión na A-52 CEDIDA

O accidente ocorreu de madrugada á altura de San Cibrao das Viñas

27 dic 2020 . Actualizado ás 18:49 h.

Un camioneiro resultou ileso tras unha aparatosa saída de vía na A-52 en dirección a Vigo á altura de San Cibrao das Viñas. O vehículo quedou tombado de costado fóra da autovía e o seu condutor non sufriu ningún dano. En vista do accidente que sufriu, o resultado podería ter sido moito peor.

Os feitos ocorreron na madrugada de este domingo, concretamente ás 3.35 horas, no quilómetro 213,500. O equipo de atestados do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense investiga agora as causas do accidente. Cabe destacar que a posición final na que quedou o camión non afecta á circulación.

Agora a empresa titular do vehículo está xestionando a contratación dun guindastre de gran tonelaxe para recuperalo. Segundo avanza a Garda Civil, esas tarefas non se abordarán probablemente ata o luns e será entón cando se fará necesario cortar o carril dereito para facilitar os traballos de retirada.