1975: O ministro de Obras Públicas visita o túnel da Canda

La Voz OURENSE

OURENSE

Non dispoñible

Cruza a divisoria que separa Galicia de Castela e con 600 metros de lonxitude evita 60 curvas

23 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

«O primeiro acto oficial fose de Madrid presidido por un membro do equipo ministerial do novo Goberno, tivo lugar na provincia ourensá ao inaugural o ministro de Obras Públicas, don Manuel Valdés González-Roldán, importantes tramos da vía sur do plan de accesos a Galicia». Desta forma contábao La Voz nunha crónica de hai exactamente 45 anos. O Ministro era recibido en 1975 por autoridades ourensás e membros do Plan de Accesos a Galicia, que lle acompañaron á baixada do porto de Padornelo. «Á entrada do túnel da Canda, inaugurou con corte de cinta a variante xeral do acceso sur neste tramo de 11,5 quilómetros de lonxitude, que ten como obras principais os viadutos de Tuela, Briallo e As Hedradas; así como o citado túnel, de 600 metros, que cruza a divisoria que separa Galicia de Castela, entre Ourense e Zamora, evitando 60 curvas en total», continuaba este medio. O ministro inaugurou ese día tamén o tramo da variante xeral desde Piñeira de Arcos ata Taboadela, que suprimía os pasos dos altos de Allariz e Taboadela.