«Vimos de catro empates e traballamos para volver gañar»

OURENSE

Agostiño Iglesias

O exjugador ourensanista confía en mostrar a súa mellor imaxe no Couto

28 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Rubén Arce Lorenzo (Barbadás, 1991) é ourensanista case de berce. Vestiu as cores do CD Ourense e tamén do seu herdeiro, pero o novo proxecto de Fran Xusto seduciuno para volver formar parte do persoal do Arenteiro. Este domingo será visitante no Couto e segue sen perder un chisco de competitividade.

«Para min é un partido especial, como sempre que vou a ese estadio. Estou con ganas, como o resto do equipo. Vimos de catro empates consecutivos e traballamos para volver gañar e sumar de tres en tres», matiza o xogador da escuadra carballiñesa, que a pesar das igualadas segue sen perder despois de seis xornadas e de moverse como un dos grandes favoritos na campaña de Terceira División.

Nese sentido, Arce non renuncia á ambición de loitar polos primeiros postos, pero ten claro que se trata dun obxectivo nada sinxelo: «É obvio que estamos a falar dun grupo súper igualado. Estamos a velo semana a semana, unha chea de empates e partidos que se resolven pola mínima no maior dos casos. Nós imos ir a por todas, pero un equipo non se fai de súpeto e temos que conjuntarnos».

Vai máis aló Rubén e conta como avanzan cada día: «A maioría dos que formamos o persoal coñeciámonos/coñeciámosnos, de estar no mesmo equipo algunha vez ou de xogar varios partidos en contra, pero tes que dedicarlle un tempo a mellorar a engrenaxe e a aprendernos mellor os mecanismos colectivos. De todos os xeitos, o equipo está cada vez máis forte. Estamos a ter problemas co gol nas últimas semanas, pero temos moitos xogadores que son capaces de marcar e imos seguir crecendo».

Arce está ao xogar case todo na súa nova etapa na escuadra verde e, na maioría das ocasións está a actuar como carrilero no sistema de tres marcadores que Xusto xa empregou de modo preferente na súa exitosa tempada no Ourense Cf. O de Piñor séntese tan cómodo aí como nunha posición máis avanzada, porque «o realmente importante é que o adestrador conte contigo e achegar algo ao xogo do equipo», antes de confirmar que «estás moito máis contento cando ganas, pero traballamos para iso e estámolo facendo moi ben».

Recoñece que aínda non puido ver este ano un partido completo do seu anterior equipo, pero sabe que non poden relaxarse demasiado ante os homes de Fernando Currás: «É un equipo cun carácter moi competitivo, xa o demostrou empatando en quince minutos un partido que perdía por dous goles en Ribadumia. No seu campo, ademais, é moi difícil sumar puntos, xa vimos que perdeu un equipo coa calidade do Barco e o Rápido de Bouzas».

Rubén Arce segue sendo un dos futbolistas máis destacados do grupo galego e confía en seguir crecendo da man de Fran Xusto.