Chocan un tráiler e un turismo e os ocupantes resultan ilesos

La Voz

OURENSE

Cedida

Sucedeu ás dez da noite do venres e foi necesario cortar a vía durante unha hora

28 novs 2020 . Actualizado ás 10:40 h.

A última hora da tarde deste venres, na A-52 en Riós un turismo e un tráiler chocaron, resultado os ocupantes de ambos os vehículos ilesos, a pesar do aparatoso do accidente. Por causas que están a ser investigadas polo equipo de atestados do Destacamento de Tráfico da Garda de Verín, o turismo conducido por X.G.R de 29 anos de idade chocou por alcance contra a parte posterior esquerda do tráiler conducido por M.A.N.S de 45 anos. Foi necesario cortar completamente a plataforma da autovía durante unha hora e desviar o tráfico pola saída 151, para poder retirar o turismo e efectuar a limpeza da calzada dos restos de infraestrutura e fluídos esparexidos.