Amencer inaugura o curso 2020-21 coas súas entidades colaboradoras

La Voz

OURENSE

CEDIDA

A asociación continúa este sábado coa súa folla de ruta de actos pola semana de San Martiño

14 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O salón de actos do colexio Salesianos acolleu este venres, ás 12.00 horas, a Inauguración do curso 2020-21 de Amencer coas súas entidades colaboradoras. Doutra banda, este sábado, a asociación realizará máis iniciativas dentro da súa semana de actos por San Martiño, con repartición de castañas asadas, así como actividades para nenos de entre 11 e 12 anos, e de 12 a 13, nos pórticos de Salesianos, entre as 11.15 e 13.00 horas.